Xestores administrativos ofrécense á Xunta para o novo plan de rescate da hostalaría e o turismo

Por E.P. | Santiago de Compostela | 18/02/2021 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia

O Colexio oficial de Xestores Administrativos de Galicia ofreceu a súa colaboración á Xunta para a xestión do novo plan de rescate da hostalaría e o turismo.

Diñeiro
Diñeiro | Fonte: Europa Press.

A presidenta da corporación que aglutina en Galicia a case 600 traballadores, Pilar Otero, sinala que estes profesionais son os máis preparados para poder tramitar de forma áxil e eficaz as axudas a estes colectivos.

Por iso, di non entender por que "a Xunta aínda non se puxo en contacto" con eles para esta tarefa, a pesar de que son "considerados esenciais durante a pandemia".

Así mesmo, os xestores urxen a creación dun portal único "real" que evite a duplicación de procedementos e axilice os trámites.

Ademais, alertan do empeoramento económico previsto, de forma que consideran a prórroga dos ERTE ata finais de maio só unha "cortina de fume" ante a crise en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta