Descobren unha moeda romana no Castro de Elviña

Data do século II e está en bo estado de conservación.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 04/03/2021 | Actualizada ás 19:11

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña, que leva a cabo traballos arqueolóxicos no Castro de Elviña, descubriu unha moeda romana, que data do século II e que se atopa en bo estado de conservación, segundo informa.

Moeda romana atopada no Castro de Elviña
Moeda romana atopada no Castro de Elviña | Fonte: Concello da Coruña.

Nela, explica, pódese recoñecer a imaxe de Faustina a menor, esposa do emperador Marco Aurelio e nai do emperador Cómodo.

Os arqueólogos explican que a moeda estaba situada na capa vexetal, en niveis moi superiores. Tamén sinalan que os procesos de formación do chan provocaron que este elemento se movese e quedase enterrado durante séculos ao crecer por enriba a vexetación.

En concreto, os profesionais localizárona "no acceso suroeste do sector 16, no que xa estiveron a realizar unha campaña en 2020" e que este ano se ampliou "para restaurar o muro e a entrada, quitando toda esa capa vexetal".

A estratexia é que, unha vez rematen as escavacións, se proceda a restaurar todo o conxunto arqueolóxico, dentro da actuación global co fin de facer do castro "o gran parque cultural do interior da cidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta