#LateNight para celebrar o Día dos Medios en Galego

Será presentado po Fede Pérez e terá lugar o vindeiro 20 de marzo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/03/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Un Late Nigth. Ese é o formato elixido pola Asociación dos Medios en Galego (Amega) para celebrar o Día dos Medios en Galegos que tivo lugar o 7 de febreiro pero que, polas restricións da pandemia non se puido celebrar.

Federico Pérez
Federico Pérez | Fonte: @SantiagoFutsal

A Amega quere conmemorar o gran día dos  medios en galego cun espectáculo este 20 de marzo que será presentado por Fede Pérez Rei e se emitirá en directo ás 18:00h, dende a Casa de Rosalía de Padrón a través das canles de Youtube, Facebook e Twitch da asociación.

O evento conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación da Coruña, ademais do apoio da Casa Rosalía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta