Ribeira négase a retirar a simboloxía franquista

O PP e o PBBI de Ribeira votaron en contra da proposta do BNG de Ribeira que instaba ao Pleno da Corporación Municipal a retirar simboloxía e honras franquistas.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2021 | Actualizada ás 21:40

Comparte esta noticia

O concelleiro e voceiro municipal do BNG de Ribeira, Xosé Antonio Vázquez Cobas, denuncia que a dereita e a extrema dereita "manteñen honras franquistas e branquean o fascismo local" despois de que o pasado luns, 29 de marzo, en Pleno Ordinario do Concello de Ribeira, "acordaran manter honras franquistas e blanquear o fascismo local", sostén Cobas.

O ditador Franco acompañado de Miguel Rodríguez Bautista
O ditador Franco acompañado de Miguel Rodríguez Bautista | Fonte: BNG Ribeira

O BNG de Ribeira presentara unha proposta na que esixían a retirada de simboloxía franquista "para erradicar a simboloxía e as honras da ditadura que aínda perduran no Concello de Ribeira", defendeu Cobas. Esta proposta, que se debateu durante o Pleno do pasado luns, tivo apoio do PSOE, mais non conseguiu saír adiante.

Á saída do Pleno, o portavoz municipal do BNG expuxo que "o resultado obtido na votación na que se pretendía restablecer a memoria democrática no concello é un aldraxe á democracia". Así, Cobas sostivo que "é un día triste pois Ribeira volve ser noticia por manter honras a falanxistas grazas á dereita e ultradereita", referíndose ao PP e ao PBBI.

Os nacionalistas cren que a dereita e a extrema dereita uniron forzas para evitar que o Concello de Ribeira retire as rúas a franquistas declarados como Miguel Rodríguez Bautista e Diego Delicado e lle retire as honras e distincións a destacados falanxistas como Fernando Suárez Tangil e a José María Rivera de Aguilar, colaboradores da ditadura.

MÁIS TRABALLO

Tras a esta decisión, Vázquez defendeu a necesidade de "máis traballo do BNG para conquerir unha Ribeira libre de simboloxía franquista e que non honre aos benefactores dunha ditadura que reprimiu, exiliou e asasinou a millares de persoas".

En referencia ás intervencións do alcalde, Ruíz Rivas, da tenente alcalde, Maria Sampedro, así como as do voceiro da ultradereita, Vicente Mariño, o portavoz do BNG denunciou que supoñen un branqueamento do fascismo e denotan complicidade cos actos atroces que esta ideoloxía cometeu: fusilamentos, paseos e represión.

Por último, desde o BNG avanzan que seguirán traballando en actuacións de memoria histórica e amósanse convencidos de que a razón está da súa parte; o tempo, consideran, daralles a razón "como xa ten acontecido noutras ocasións", defenden.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Hai quen sigue ostentando o récord de manter unha enorme Cruz dos Caídos (e logrou unha sentenza favorabel) https://adiante.gal/memoria-imposta...