Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/05/2021 | Actualizada ás 13:42
A Covid-19 foi mutando progresivamente dende a súa aparición. Isto deu lugar a múltiples variantes que se propagan pouco a pouco. O risco a contaxiarse cunha nova variante é moi alto na Unión Europea, segundo o Centro Europeo de Prevención e Control de Enfermidades. Na actualidade as mutacións que máis preocupan son a británica, a sudafricana, a brasileira e a india.
Tanto a Organización Mundial da Saúde como o Ministerio de Sanidade recoñecen que as variantes británicas e sudafricanas aumentan o risco de hospitalización e morte. A brasileria e a india seguen en investigación.
Tamén preocupa a efictividade das vacinas. A protección segue sendo forte para a británica, pero as variantes sudafricana, brasileira e india mostran unha maior resistencia. O risco é grande sobre todo ca variante sudafricana.
A británica segue sendo a prevalente en España. Está presente en oito de cada dez contaxios. En Galicia o 90% dos casos son desta variante. A presencia do resto de variantes é moi baixa. Outras variantes das que houbo casos en España son a californianaou a nixeriana.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.