As europeas

Os resultados da última enquisa de Sondaxe -a pesar da maquillaxe dos seus datos -demostra a tendencia ascendente de Alternativa Galega de Esquerda. Case con seguridade que unha enquisa obxectiva indicaría que AGE xa é a segunda forza electoral, converténdose na autentica alternativa, á dereita vernácula do noso país.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 31/10/2013

Comparte esta noticia
A perda da maioría parlamentaria por parte do PP - que sería máis perda aínda, se existira unha lei electoral autenticamente democrática- indica claramente o acertado da táctica política de AGE.
 
Nin o intento de modificar a representación parlamentaria por parte do PP, nin a xogada de lanzar unha nova cara electoral por parte do PSOE na figura de Besteiro, poderá parar o ascenso político de Xose Manuel Beiras e dos que pensamos que este sistema social e político debe ser cambiado de raíz.
 
As enquisas infórmannos da crise profunda do PSOE e a súa ideoloxía socialdemócrata. Cada vez mais esta opción política está asociada por parte dos electores como unha opción máis do sistema. Sen ir máis lonxe está o exemplo da alianza que se está tecendo en Alemaña coa chanceler Angela Merkel ou a política de expulsión de xitanos que impulsa o socialismo francés.
 
As bases electorais obreiras e de esquerda do socialismo galego e do resto do Estado, están por finalizar un “Duelo”, que necesariamente ten que terminar coa aceptación da morte política.
 
Esta crise maniféstase na perda masiva de votos e nas distintas rupturas que se están producindo neste partido. No caso de Galicia este fenómeno comeza a percibirse na recente escisión da maioría dos integrantes de Esquerda Socialista, onde o ex gobernador da provincia de Pontevedra Jorge Parada é a figura máis visible. Doutra banda segundo as enquisas, o BNG detén a perda de votos.
 
O que está claro é que as próximas eleccións ao parlamento europeo os cidadáns debuxasen un novo mapa lectoral e un reacomodamiento das alianzas políticas. Neste caso por primeira vez, como sucedeu coa Fronte Popular de 1936, a gran maioría dos partidos de esquerda, tanto federais como nacionais converxerán nunha ALTERNATIVA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.