A ministra Celaá insiste en manter a máscara nas aulas en setembro

Asegura que o Goberno central traballa para que os escolares de 12 a 16 anos poidan estar vacinados en setembro.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 20/05/2021 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

A Ministra de Educacicón, Isabel Celaá, non prevé iniciar o próximo curso escolar sen a obrigatoriedade do uso de máscaras para os alumnos de máis de seis anos e asegurou que o Goberno traballa para que os escolares de 12 a 16 anos poidan estar vacinados en setembro.

Aula dun centro escolar
Aula dun centro escolar | Fonte: Europa Press.

"Non sería a máscara o que eu quitaría primeiro", respondeu Celaá nunha entrevista en Onda Cero ao ser preguntada por esta medida no caso de que a incidencia en España estivese por baixo dos 50 casos por 100.000 habitantes e ante a petición dalgunhas comunidades autónomas.

Celaá precisou, no entanto, que o protocolo acordado na Conferencia sectorial de Educación é "dinámico" e, aínda que lembrou que "a pandemia non desapareceu", tamén admitiu os avances na vacinación que permitirán "estar en mellor posición en setembro".

A ministra fixo fincapé en que o éxito do curso escolar 2020-2021 reside no rigoroso cumprimento de todas as medidas de seguridade por parte de alumnos, docentes e todos os traballadores dos centros, e destacou a redución da distancia entre as mesas nas aulas de 1,5 metros a 1,2 metros, "o que vai permitir a presencialidade total dos alumnos nos centros escolares".

Respecto da vacinación dos menores de entre 12 e 16 anos, lembrou que o Goberno está pendente do pronunciamento da Axencia Europea do Medicamento e remitiu ao Ministerio de Sanidade a información respecto diso.

Celaá tamén se referiu aos profesores vacinados coa primeira dose de Astrazeneca, pendentes de recibir un segunda e mostrouse convencida de que "se vai resolver de cara a setembro". Sobre as reticencias dunha porcentaxe de docentes reticentes a porse o soro nalgunhas comunidades autónomas, comprometeuse a "exploralo e tratar de convencelos". Explicou, no entanto, que unha vez alcanzada a inmunidade de grupo o feito de que houbese persoas sen vacinar "non suporía ningún risco".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta