O vicepresidente Rueda percorre o Camiño co triatleta Gómez Noya para reivindicar a seguridade das rutas xacobeas

Di que Galicia está preparada para acoller peregrinos durante o Xacobeo 2021-2022.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 23/05/2021 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, percorreu o Camiño de Santiago co triatleta Javier Gómez Noya para reivindicar a seguridade das rutas xacobeas e de Galicia, así como para destacar que o país está preparado para acoller peregrinos durante o Xacobeo 2021-2022.

Gómez Noya, nunha das competicións de triatlón
Gómez Noya, nunha das competicións de triatlón | Fonte: sportraining.

Antes de iniciar a ruta en bicicleta en Arzúa xunto ao deportista e unha vintena de afeccionados, entre os que se atopaba o exciclista Óscar Pereiro, Rueda explicou que desde o levantamento do peche perimetral de Galicia, ao decaer o estado de alarma, recibíronse uns 300 peregrinos.

Tamén sinalou que as axencias especializadas recibiron "moitísimas reservas" de grupos que buscan percorrer o Camiño de Santiago de cara ao verán e augurou que a situación actual impulsará o atractivo ds destinos abertos de natureza.

Así mesmo, Alfonso Rueda e o triatleta realizaron unha parada do percorrido no Monte do Gozo, que foi revitalizado tras actuacións ás que se destinaron 7,7 millóns de euros.

Precisamente, Gómez Noya participou na promoción do Camiño Inglés nun vídeo promovido pola asociación de concellos desta ruta, que foi presentado na Feira Internacional de Turismo (Fitur) celebrada esta semana en Madrid.

Así mesmo, a Xunta acometeu melloras de conservación, acondicionamento e sinalización dos 10 trazados oficiais de cara ao Ano Santo. Ademais, mediante o Plan de albergues destinou 7 millóns de euros á ampliación destes establecementos dispoñibles, que se incrementaron en oito ata sumar 78.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta