A rehabilitación en balnearios pode acadar mellorías do 80% en pacientes de Parkinson ou con trastornos neurolóxicos

As propiedades terapeúticas das augas e os exercicios axudan a mellorar a recuperación dos enfermos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O ciclo "A saúde é o que importa", organizado pola Cátedra de Hidroloxía Médica Universidade de Santiago-Balnearios de Galicia, porá en valor os beneficios da cura termal para tratar a pacientes con problemas de mobilidade debidos a trastornos neurolóxicos. Este ciclo quere difundir entre a sociedade o valor terapéutico da cura termal. 

O doutor Javier Jorge Barreiro, ex-xefe do Servizo de Rehabilitación do Hospital Clínico Universitario de Santiago
O doutor Javier Jorge Barreiro, ex-xefe do Servizo de Rehabilitación do Hospital Clínico Universitario de Santiago | Fonte: Azucena - Vía Láctea

O doutor Javier Jorge Barreiro, profesor emérito de Anatomía Humana e ex-xefe do Servizo de Rehabilitación do Hospital Clínico Universitario de Santiago recorda que "os balnearios son lugares idais para realizar tratamentos". O doutor Barreiro será quen ofreza a charla "A Saúde é o que importa", na que porá de manifesto que o tratamento de enfermidades do sistema nervioso é aínda unha "materia pendente" dos balnearios galegos. 

As augas mineromedicinais e o contorno dos centros termais son útiles para a recuperación de pacientes como enfermos de Parkinson ou que sufriron parálises cerebrais, pero necesítase unha especialización para a recuperación destes pacientes. O doutor Barreiro apunta que os enfermos de Parkindons "logran mellorías do 80%, moi superiores aos logros obtidos con outro tipo de tratamentos". 

O doutor Barreiro afirma que estes tratamentos son comúns en balnearios de Francia, e que os exercicios dentro da auga se suman aos propios beneficios terapéuticos das augas para mellorar a recuperación dos pacientes. 

A charla poderase seguir de maneira online o día 8 de xuño a partir das 19:00 horas. Retransmitirase a través da canle de Youtube da Asociación de Balnearios de Galicia, e posteriormente haberá un coloquio co público a travñes da plataforma Zoom e  oderado polo director da Cátedra, Juan Gestal. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta