Morre un home de 67 anos despois dunha colisión frontal de dous vehículos no Irixo

O impacto frontal entre os dous coches fixo que un dos vehículos saíse despedido, caendo por un desnivel.

Por E.P. | Ourense | 03/07/2021 | Actualizada ás 11:16

Comparte esta noticia

Un home de 67 anos faleceu na madrugada deste sábado no termo municipal do Irixo nun accidente de circulación no que tamén resultou ferido de consideración o ocupante do outro vehículo implicado.

Traballadores de ambulancias do 061
Traballadores de ambulancias do 061 | Fonte: xunta.gal

Segundo apuntan os servizos de emerxencia este sábado, o sinistro produciuse ás 03,25 horas da madrugada no quilómetro 20 da estrada OU-902 á altura Dadín.

O impacto frontal entre os dous coches fixo que un dos vehículos saíse despedido, caendo por un desnivel.

Con todo, o peor parado foi o ocupante do outro turismo, un home de 67 anos veciño do Irixo, cuxo corpo quedou atrapado no interior do habitáculo.

Unha vez excarcerado polos bombeiros do Carballiño, os servizos de emerxencia certificaron o falecemento do home.

Ademais, o condutor do outro coche, outro home de 29 anos de idade e tamén veciño do Irixo, resultou ferido de consideración e foi evacuado de urxencia ao CHUO.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta