A comisión de garantía e avaliación da eutanasia de Galicia terá 12 membros, sete deles médicos

Os membros da Comisión e os seus correspondentes suplentes serán designados pola persoa titular da dirección xeral competente en materia de asistencia sanitaria do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2021 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres o decreto que dá pé a crear a Comisión de Garantía e Avaliación da Eutanasia en Galicia. Este órgano, clave xa que será o chamado a decidir se xorde unha situación de conflito, quedara pendente de que o Consello Consultivo analizase a norma.

Finalmente, aínda que non se informou publicamente, o decreto foi aprobado este xoves. A composición da Comisión, segundo ratifica o texto, terá carácter multidisciplinar e estará integrada por 12 membros, un dos cales exercerá a función de presidente.

Os membros da Comisión e os seus correspondentes suplentes serán designados pola persoa titular da dirección xeral competente en materia de asistencia sanitaria do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Dos 12, sete membros deberán ser persoal médico especialista e, entre eles haberá, polo menos, un internista, un médico de Atención Primaria e un psiquiatra. Outros dous membros serán persoal de enfermaría.

O tres membros restantes deberán ser xuristas con coñecementos de dereito sanitario ou bioética. A presidencia será designada pola persoa titular da dirección xeral con competencias en materia de asistencia sanitaria do Servizo Galego de Saúde.

O decreto remarca, así mesmo, que na composición da comisión buscarase unha presenza equilibrada entre mulleres e homes. Así mesmo, os integrantes da comisión veranse obrigados a gardar segredo sobre o contido das súas deliberacións e a protexer a confidencialidade dos datos persoais que, sobre profesionais sanitarios, pacientes, familiares e persoas próximas.

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, acompañado da directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, en rolda de prensa.. XUNTA
O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, acompañado da directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, en rolda de prensa.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta