A Xunta reformá seis catedrais e dúas concatedrais coas miras "no Xacobeo 2027"

Acometerá obras en catedralicios de Lugo, Santiago, Foz, Ourense e Tui e nas concatedrais de Ferrol e Vigo para o ano santo de 2027.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2021 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

O Plan 'Catedrais de Galicia 2021-2027' ten un orzamento de 38 millóns de euros, que se destinarán a restaurar parte das catedrais de Santiago de Compostela, San Martiño de Mondoñedo (Foz), Santa María de Lugo, Virxe da Asunción de Mondoñedo, San Martiño de Ourense, Santa María de Tui e ás concatedrais de San Xiao de Ferrol e Santa María de Vigo, co obxectivo de que todos os monumentos poidan chegar en bo estado ao seguinte ano xacobeo 2027.

Así o asegurou o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, este venres durante a presentación do plan na Cidade da Cultura. Xunto a el, acudiron a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, e varios representantes de dioceses galegas. Hai un total de 60 proxectos previstos neste plan, que non incumben estritamente o interior dos emprazamentos senón tamén xardíns, museos, arquivos, etc.

Os traballos tiveron como punto de partida a catedral de Santiago de Compostela --as intervencións inacabadas actuais están incluídas dentro do plan--, obra que Román Rodríguez cualificou como "fazaña técnica". Desta maneira, o conselleiro resaltou que as catedrais constitúen un destino "potente" para atraer peregrinaxe e supoñen "riqueza económica", ademais de "emocional".

"COMPROMISO" COA CONSERVACIÓN DAS CATEDRAIS

A directora xeral de Patrimonio Cultural resaltou o seu "compromiso" con manter os catedralicios e afirmou que, ademais de contar con plans redactados para todos os monumentos, posúen tamén estudos de conservación das arquitecturas. Así as cousas, a directora xeral apuntou que a listaxe inicial de actuacións previstas é "susceptible" de sufrir actualizacións en función das "prioridades".

Presentación do 'Plan Catedrais de Galicia 2021-2027' na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) este venres, 16 de xullo
Presentación do 'Plan Catedrais de Galicia 2021-2027' na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) este venres, 16 de xullo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta