Financian a conservación, restauración e apadriñamento de hábitats nas Reservas Mariñas Coruñesas

Inclúense actuacións de restauración de novas parcelas, conservación de montes ou outras como o mantemento da reserva de anfibios.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 09/08/2021 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña financia un proxecto da entidade Fragas do Mandeo para a restauración e conservación de hábitats de alto valor ambiental mediante custodia do territorio e apadriñamento de espazos naturais dentro da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

A área de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica destina, a través de dúas liñas de subvención para investimentos e financiamento de actividades, un total de 14.888 euros para axudar a sufragar o 80% dos custos que supón a realización das diferentes actividades durante todo o ano 2021 nos concellos de Miño, Paderne, Bergondo, Betanzos, Coirós, Aranga, Oza-Cesuras e Sobrado dos Monxes.

A finalidade do proxecto, que será executado maioritariamente por voluntarios, é mellorar os hábitats nos que están presentes máis de 50 especies catalogadas como ameazadas.

Dentro das diferentes liñas de traballo inclúense actuacións de restauración de novas parcelas, conservación de montes ou outras como o mantemento da reserva de anfibios. Tamén se inclúe a eliminación de especies invasoras e o control daquelas que xa se erradicaron por parte da entidade, que leva eliminado 32 especies de plantas exóticas nas súas zonas custodiadas e apadriñadas.

Voluntarios  eliminando unha especie exótica invasora nunha reserva de anfibios en Coirós (A Coruña). DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Voluntarios eliminando unha especie exótica invasora nunha reserva de anfibios en Coirós (A Coruña). DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta