Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/08/2021 | Actualizada ás 20:42
Dous dos incedios declarados este domingo no municipio pontevedrés de Rodeiro están xa apagados --o de San Cristovo de Az e o de Río--, e o orixinado na Portela está, nestes momentos, estabilizado.
Tal e como informou Medio Rural, o lume da localidade de Río calcinou menos dunha hectárea e apagouse ao redor das 19,06 horas.
Á súa vez, o incendio declarado este domingo ás 13,22 horas na localidade de San Cristovo de Az, tamén foi sufocado e calcinou finalmente 0,3 hectáreas de arboredo e 0,54 hectáreas de monte raso.
Por outra banda, o lume da Portela, que seguía activo ata hai poucas horas, foi estabilizado ao redor das 19,30 horas, segundo informou Medio Rural. De momento, calcinou catro hectáreas. Para a súa extinción despregáronse dous axentes, sete brigadas, catro motobombas, dúas pas e un técnico. Ademais, mobilizáronse medios aéreos, concretamente catro hidroavións e cinco helicópteros.
INCENDIO EN FRIOL
A Consellería tamén informou de que o lume declarado no concello lucense de Friol, na parroquia de Xiá, tamén se extinguiu alrdedor das 19,57 horas. Calcinou 0,09 hectáreas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.