Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/08/2021 | Actualizada ás 11:09
O tráfico ferroviario entre Zamora e Ourense recuperou a normalidade tras o corte ao que obrigou a proximidade dun incendio forestal en Vilar de Barrio, que afectou a tres trens Alvia que conectan Madrid con Galicia. En concreto, o corte produciuse entre Vilar de Barrio e Laza-Cerdedelo, segundo informan fontes de Renfe consultadas por Europa Press. O incendio forestal quedou estabilizado ás 13,49 horas tras queimar unhas 20 hectáreas de superficie, segundo informa a Consellería de Medio Rural.
O lume iniciouse ás 22,35 horas do domingo e no seu control participaron ata o momento cinco axentes, 19 brigadas, seis motobombas, dúas pas e tres helicópteros.
Desde as 8 ás 10,15 horas provocou a interrupción do tráfico ferroviario e afectou a ese tres Alvia entre Madrid e Galicia: o que vai de Ferrol a Madrid-Chamartín, que rexistrou 81 minutos de atraso; o que vai de Pontevedra a Chamartín (140 minutos de atraso) e o de Chamartín a Vigo, que unicamente estivo catro minutos detido.
Segundo informa a Consellería de Medio Rural, o lume iniciouse ás 22,35 horas e afectou a unhas 20 hectáreas de superficie arrasada polas chamas. No seu control levan participado ata agora catro axentes, 12 brigadas, catro motobombas e dúas pas. Pola súa banda, a Axencia Galega de Emerxencias achegou un camión cisterna que se encargará de abastecer de auga ás motobombas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.