Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2021 | Actualizada ás 14:20
Coñécese como Lúa Azul, pero as persoas que gozaron da lúa chea de agosto sorprendéronse de que a cor do astro non fixese xustiza ao seu nome. Máis ben, moitos galegos puideron comprobar que o seu ton era avermellado.
Luna muy Roja en Vigo pic.twitter.com/esk4NMHZNY
— ALIEN POST (@alien_post) August 22, 2021
E é que a Lúa Azul recibe este nome do inglés, Blue Moon, froito dunha nomenclatura inglesa antiga, "belewe", que en realidade nas súas orixes quería nomeala como "lúa traidora". O primeiro rexistro deste nome atópase no s.XVI, mais foi a partir do 1940 cando se comezou a usar para falar da segunda lúa chea que se repite nun mes.
A excepcionalidade desta lúa é a súa repetición, un fenómeno que se produce aproximadamente cada 2 anos e medio, facendo que un mes teña dous plenilunios.
Porén, independentemente da súa cor, na noite do 22 de agosto (e durante toda a fin de semana), foron moitos os que se sorprenderon pola beleza desta lúa chea, por iso decidiron compartilo nas redes sociais.
La luna llena de Agosto ameriza sobre un tsunami de niebla en la ría de #Vigo pic.twitter.com/VwsFfL9eBX
— Alberto Sxenick (@AlbertoSxenick) August 22, 2021
🌕🏰♥️La #luna llena sobre la Torre de Pena (#Xinzo de Limia)
— Vía Lethes (@ViaLethes) August 22, 2021
📷Bruno Simón#ALimia #Ourense #Galicia #patrimonio pic.twitter.com/lGjHHTPiV4
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.