Por Galicia Confidencial | PONTEVEDRA | 29/08/2021 | Actualizada ás 21:02
Un cento de persoas participou na andaina reivindicativa organizada pola plataforma veciñal "Non ao parque eólico do Castrove", que hai non moito conseguía entregar máis de medio milleiro de sinaturas para tentar frear o proxecto eólico proxectado no monte Castrove. A saída produciuse ás once da mañá dende a Capela de San Ramón, na Escusa, e rematou no Outeiro dos Corvos.
Na iniciativa participou a Escola tradicional de música de Poio, que animou a xornada con música de tambores e pandeiretas, e Miguel Martínez de Combarro, que actuou unha vez finalizado o percorrido. Aí, no alto do Castrove, algúns aproveitaron tamén para facer un picnic.
Segundo sinalan dende a plataforma, con esta acción os veciños dos catro concellos afectados (Pontevedra, Meis, Barro e Poio) queren mostrar o seu rexeitamento cara "este proxecto tan perxudicial para toda a poboación e fomentar a comunicación entre todos nós, ademais de desfrutar e poñer en valor a beleza de dito monte".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.