Morren dous homes que foran diagnosticados con COVID

Ambos os dous padecían patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2021 | Actualizada ás 20:37

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou dous falecidos máis covid en Galicia nas últimas horas. Deste xeito, o total de vítimas desde o inicio da pandemia elévase a 2.592.

Os dous defuntos son dous homes que contaban con patoloxías previas. Ambas as defuncións producíronse o pasado luns, 6 de setembro.

En concreto, un dos homes, de 65 anos, faleceu no Chuac da Coruña. O outro, de 79 anos, feneceu na residencia de maiores das Gándaras, en Lugo.

Dúas traballadoras do centro conversan no exterior da residencia das Gándaras, a maior de Lugo, despois de contabilizar un total de 49 positivos, a 17 de agosto de 2021, en Lugo, Galicia (España).. Carlos Castro - Europa Press
Dúas traballadoras do centro conversan no exterior da residencia das Gándaras, a maior de Lugo, despois de contabilizar un total de 49 positivos, a 17 de agosto de 2021, en Lugo, Galicia (España).. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta