Identificado un peregrino por viaxar con sete cabras, tres burros e un can "sen papeis"

A Garda Civil decomisou os animais ata que o camiñante francés non entregue a documentación sanitaria dos mesmos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/09/2021 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

EFE. A Garda Civil e a Policía Local de Santo Domingo da Calzada (A Rioxa) identificaron a un cidadán francés de 33 anos cando realizaba o Camiño de Santiago en compañía de 11 animais -7 cabras, 3 burros e un can-, que carecían das guías sanitarias de circulación, microchips, crotais ou birlo ruminal.

Mastín coidando cabras
Mastín coidando cabras | Fonte: campogalego.es

Esta falta de documentación dos animais provocou que os axentes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil avisasen á Consellería de Gandaría do Goberno da Rioxa, tras o que as cabras, os burros e o can foron trasladados a un recinto pechado e illado, propiedade dun particular.

Os veterinarios da Consellería recoñeceron aos animais, acordaron o seu traslado á praza de touros de Santo Domingo da Calzada e deron ao peregrino un prazo de 48 horas para entregar toda a documentación necesaria para poder continuar a viaxe cos animais, detallou este martes a Garda Civil nunha nota. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta