“Luarada”, a historia do lobishome Romasanta, estará no Festival Internacional de Sitges

Luarada conta a historia real do máis grande criminal da Galicia rural que coñeceron os tempos, Manuel Blanco Romasanta, xulgado por licantropía. O director do filme é o ourensán Óscar Doviso.

Por X.M. Fernández | Ourense | 19/09/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O director ourensán Óscar Doviso estará presente na 54º Sitges Festival Internacional de Cinema Fantàstic de Catalunya co filme Luarada, dentro da sección Coming Soon. Polo festival xa pasaron anteriormente os ourensáns Rodrigo Cortés co seu filme Buried (Enterrado) e coa curtametraxe 1:58 e tamén Juan Hervella-Rego coa curtamentraxe Share o no share, dentro da sección Brigadoon.

Imaxe Festival Internacional de Cinema Fantástico de Sitges
Imaxe Festival Internacional de Cinema Fantástico de Sitges

Luarada, película producida por Zinemusik Producciones, narra a historia do maior asasino en serie da historia documentada do estado español na Galicia rural de mediados do século XIX, Manuel Blanco Romasanta. Un drama con tintes de thriller que nos mete na psique deste personaxe, que foi xulgado por licantropía, e ao que se lle atribúen 9 crimes, aínda que el confesou 13 e ao seu redor hai máis de 45 desaparicións.

O filme rematou a súa primeira fase de rodaxe en marzo de 2020, xusto coa entrada en vigor do primeiro confinamento por mor da pandemia da Covid-19. Actualmente está na procura de produtora asociada para poder volver á produción da segunda fase de rodaxe no vindeiro 2022.

Este ano o festival de Sitges está dedicado á figura do lobishome, polo que o filme Luarada encaixa totalmente tendo en conta que a figura de Romasanta representa ese ser mitolóxico, atribuíndolle a transformación nun lobo para cometer os seus crimes. “Neste proxecto, de corte moito máis realista, daranse as claves e explicacións do que aconteceu neste caso, na Galicia rural de mediados do século XIX”, sinala Óscar Doviso.

A figura de Romasanta está interpretada polo actor ourensán Márcos Vázquez, que consegue transmitir a dualidade e complexidade deste personaxe.

Presentación do documental 'Luarada' sobre a figura de Romasanta
Presentación do documental 'Luarada' sobre a figura de Romasanta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta