Por E.P. | A Coruña | 20/09/2021 | Actualizada ás 14:32
A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo trasladou o seu apoio e colaboración á da Palma --coa que está irmandada-- pola erupción do volcán en Cume Vello.
O presidente, José Antonio Santiso, dirixiuse ao seu homólogo, e presidente do Cabildo, Mariano Hernández Zapata, para transmitirlle o ánimo en nome dos 17 concellos e as asociacións membros da entidade coruñesa.
A illa da Palma, co 100% do seu territorio declarado como Reserva de Biosfera, foi un punto "clave" para a candidatura das Mariñas á Unesco, lembra. En setembro de 2011, hai 10 anos, unha delegación coruñesa encabezada polo alcalde de Abegondo como presidente do GDR Mariñas-Betanzos, visitou A Palma. O encontro serviu para coñecer o funcionamento dunha reserva e perfilar a candidatura.
Agora, a Reserva coruñesa pon a disposición da da Palma os recursos que estean ao seu alcance "para colaborar nas posibles actuacións de recuperación tras a erupción ou en calquera outra cuestión necesaria".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.