Máis de 7.000 persoas acudiron ao Caudal Fest de Lugo

O evento celebrouse nun formato reducido polas restricións sanitarias.

Por E.P. | Lugo | 20/09/2021 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

Máis de 7.000 persoas acudiron durante os tres días do Caudal Fest de Lugo nesta edición, que se celebrou nun formato reducido, segundo os datos da organización.

A organización celebra o "éxito" dunha cita que este ano contou con cabezas de cartel como Love of Lesbian, A M.O.D.A. e Nathy Peluso e que ten como principal patrocinador o Concello de Lugo.

"Xa estamos a traballar na edición do ano que vén, así que nos vemos en 2022", destaca a organización dun festival que se presenta como "a última gran festa do verán".

Cartel do Caudal Fest de Lugo
Cartel do Caudal Fest de Lugo | Fonte: Caudal Fest.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Jakobsland

Todo inzado de trangallada españoleira para xentalla descastada. E o Xacobeo e mais o Concello de Lugo queimando os cartos públicos niso. Dá noxo.