Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2021 | Actualizada ás 19:49
O bispo de Mondeñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos, expresou a súa preocupación pola crise industrial que existe nas comarcas de Ferrolterra e A Mariña, representado na situación que padecen a central térmica das Pontes, a factoría de Alcoa en Cervo, a de Vestas de Viveiro ou as empresas das Somozas.
"Detrás de cada posto de traballo que se elimina, non o esquezamos, hai un traballador e unha familia que afrontan o futuro con enorme incerteza e gran sufrimento", sinala o bispo nunha carta publicada con motivo da xornada mundial polo Traballo Decente 2021.
Advirte do perigo de que se desmonte unha "tradición fortemente industrial" da zona e que constituía un "referente" para o resto do Estado. "Os nosos tempos son moi complexos. A globalización marca hoxe os ditados económicos dentro dun sistema tremendamente competitivo que o fai inhumano. A precarización laboral non fixo senón crecer. Por iso, sen dúbida, a gran cuestión hoxe é o traballo", incide García Cadiñanos.
O bispo se dirije aos poderes políticos para que contribúan desde administracións e institucións "para garantir un traballo digno para todas as persoas". Tamén apela aos empresarios, dos que, di, depende "o acceso a un traballo que permita o desenvolvemento pleno da persoa"; e aos sindicatos para lograr un mercado laboral que fixe condicións dignas para os traballadores.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.