Por Europa Press / Redacción | Ourense | 15/10/2021 | Actualizada ás 19:31
O mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil acollerá entre os seus muros unha cápsula do tempo na que se depositarán as principais conclusións da 'Mobile Week Ourense', documento que se extraerá dentro de 20 anos para analizar a evolución tecnolóxica e o seu impacto en todos os ámbitos da sociedade.
Así o anunciou o presidente da Deputación, Manuel Baltar, durante o acto celebrado este venres no parador, que contou coa presenza do director da Fundación Mobile World Capital, Carlos Grau, convidado o marco da Semana das Industrias Culturais e Creativas
O evento será, engadiron, "un escaparte de primeira magnitude para Ourense", que se converterá nun "excepcional campo de probas para unha experiencia pioneira", pois por primeira vez o programa de actividades "terá como escenario o territorio e non só un núcleo urbano".
"É vincular a nosa historia e patrimonio ao futuro, sobre todo nun territorio como a Ribeira Sacra cun pasado cultural e arquitectónico de enorme peso, berce de emprendedores que levaron a cabo unha revolución industrial no sector da automoción como Eduardo Barreiros, desde datas recentes Reserva Mundial da Biosfera, e candidata a Patrimonio Mundial da Unesco".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.