Por Galicia Confidencial | A CORUÑA | 05/11/2021 | Actualizada ás 09:00
A loita que dende o 2016 levan a cabo diferentes organismos, institucións e colectivos culturais galegos para que declaren BIC o Museo de Arte Contemporánea Galega Carlos Maside, en Sada, materializouse agora nunha recollida de sinaturas. Así, esixen que se incoe "con carácter inmediato" o expediente de declaración BIC do museo para dar un primeiro paso para a súa protección e conservación "hoxe en perigo".
Entre os argumentos esgrimidos destaca que o centro alberga significativa obra de Castelao, declarada BIC "con todo o que isto implica a nivel legal e de cara a súa salvagarda". Ademais, o museo neceu no 1970 dentro do ideario do Laboratorio de Formas de Galicia a proposta de Isaac Díaz Pardo, Luís Seoane o outros exiliados: " Anovando así a teoría e praxe do Seminario de Estudos Galegos, institución expoliada na guerra e a partir de entón desdebuxados os seus fins, supeditado ao Consejo Superior de Investigaciones Científicas aínda hoxe".
Dende Apatrigal censuran que malia que a Xunta xa informou no ano 2018 da realizacion de informes e estudos previos e o Consello da Cultura xa emitíu o seu informe,non se deron máis pasos para iniciar formalmente o expediente. Sendo o pasado mes de outubro o momento no que a Xunta confirmou que seguen con actuacións e informes, tres anos despois, o que indica "unha clara pasividade e deixación de funcións na preservación do noso patrimonio cultural".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.