A Coruña acolle un concerto da nova xira de Fito & Fitipaldis catro anos despois

O concerto terá lugar o día 19 de marzo e nel presentará o seu novo traballo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/11/2021 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

Fito & Fitipaldis vén de anunciar a súa volta á estrada coa súa xira “cada vez cadáver Tour”. O esperado regreso do artista xa é unha realidade e as elixidas son 21 cidades españolas. As entradas sairán a venda mañá venres 12 de novembro ás 10 h en Ataquilla e Ticketmaster e o Despacho de billetes da Praza de Ourense, na Coruña.

Promoción da nova xira de Fito & Fitipaldis
Promoción da nova xira de Fito & Fitipaldis | Fonte: remitida

Fito & Fitipaldis arrincará a xira o próximo 12 de marzo e o seu concerto na Coruña, o 19 de marzo, será o segundo concerto desta nova xira. Fito e Fitipaldis levaban sen actuar na cidade desde 2017. Os fans poderán gozar en directo do seu novo álbum “Cada vez Cadáver”, o último traballo discográfico de Fito & Fitipaldis, publicado o pasado 24 de setembro, e que xa é considerada "unha das entregas máis honestas e sinceras do artista".

Morgan será a banda convidada, que  presentará durante esta xira o seu novo traballo " The  River and The Stone”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta