Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2021 | Actualizada ás 20:51
O libro 'Luísa Villalta. As palabras ingrávidas' recupera a última obra da poeta coruñesa falecida no ano 2004, á que se rende tributo coa edición dun volume en facsímile con formato de almanaque que inclúe unha transcipción completa dos textos manuscritos.
O Centro Ramón Piñeiro, en colaboración coa Xunta, é o encargado de lanzar os materiais inéditos que se conservan da escritora, considerada unha das voces máis importantes da literatura galega do século XX e comezos do novo milenio.
Editado en formato de almanaque e presentado nun estoxo baixo a supervisión do investigador e crítico literario Armando Requeixo, 'As palabras ingrávidas' achégase á biografía persoal e poética da autora nada na Coruña en 1957.
Licenciada en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e titulada superior en violín, exerceu como profesora de Lingua e literatura galegas en IES Isaac Díaz Pardo de Sada e formou parte da Orquestra de Santiago de Compostela.
Considerada unha das autoras máis polifacéticas do seu tempo, na súa bibliografía destacan poemarios como 'Ruído' (1995), pezas teatrais como 'As certezas de Ofelia' (1999), obras narrativas como 'As chaves do tempo' (2001) e ensaios como 'Libro dás colunas' (2005).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.