A Delegación do Goberno declara o inicio da expropiación para o tren ao porto exterior da Coruña

Os PGE inclúen unha partida de 15,6 millóns para o porto.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 26/11/2021 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

A Delegación do Goberno en Galicia declarou o inicio do proceso de información pública para a expropiación forzosa pola execución das obras do proxecto construtivo do acceso ferroviario ao porto exterior da Coruña, en Punta Langosteira.

Porto exterior da Coruña / Autoridade Portuaria. / Europa Press
Porto exterior da Coruña / Autoridade Portuaria. / Europa Press

Segundo informa, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, asinou a resolución e remitiu á Autoridade Portuaria a documentación para autorizar a xestión.

A resolución tamén recoñece á Autoridade Portuaria da Coruña como beneficiaria e encargada de contestar alegacións, que pode realizar calquera persoa. A entidade portuaria xa presentou, como requisito previo ao actual trámite, unha relación de bens ou dereitos que considera necesario expropiar.

Os Orzamentos Xerais do Estado (PGE) inclúen 15,6 millóns de euros para o porto exterior coruñés, dos que tres son directamente para esta conexión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta