O exalcalde de Baña, Andrés García Cardeso, acusado dun presunto delito de falsidade documental

O presunto documento non estaba asinado polo secretario municipal nin estaba o número do decreto de concesión.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/11/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Andres García Cardeso, exalcalde da Baña, é acusado polo propio Concello dun presunto delito de falsidade documental que tivo lugar no ano 2014. Nesa fecha, Cardeso concedeu unha licenza para a celebración de eventos nunha edificación que era protexida polo Patrimonio.

Licenza presuntamente asinada polo exalcalde da Baña,  Andrés García Cardeso
Licenza presuntamente asinada polo exalcalde da Baña, Andrés García Cardeso | Fonte: Lindeiros

Para esa licenza, era necesaria unha serie de reformas, e polo tanto, unha serie de Informes Municipais e de Patrimonio. Dende o ano 2010 emitíronse cinco informes Municipais e as reformas foron denegadas en dúas ocasións polo Patrimonio.

Cando os propietarios decidiron solicitar o cambio de licencia para pasar de celebración de eventos a restauración foi cando se deron conta de que o documento non estaba asinado polo secretario municipal nin o número do decreto de concesión, ambos os dous necesarios para que sexa válido a licenza.

RISCO

Este documento presuntamente falsificado puido supoñer un risco importante, xa que, a concesión dunha licenza falsa para acoller eventos de ata cincocentas persoas, anulaba calquera tipo de seguro no caso de que sucedera algo.

Agora os propietarios actuais están traballando no inicio dun novo expediente de xeito correcto para que non se volva a repetir o acontecido anteriormente co exalcalde da Baña, Andrés García Cardeso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta