GC Aberto

Ludopanía e Parkinson: unha ruína evitable

Por admin | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2021

Comparte esta noticia

Serei breve:

Casa de apostas na Coruña.
Casa de apostas na Coruña.

Un ano e medio despois de empezar coa medicación, xogara e perdera todo o seu patrimonio, incluído o piso, non menos de 200.000 euros. E o máis importante, perdera completamente o control da súa vida, a pouca familia que tiña e os seus amigos.

A causa: Ludomanía.

Causa efecto pola mediación do Parkinson? É máis que probable.

A medicación para o Parkinson ten un efecto secundario ben coñecido polo/as neurólogos e polas farmacéuticas ( está indicado no prospecto ) o trastorno no control de impulsos ( TIC ), entre outros a ludomanía que, segundo indica, debe monotorizarse regularmente e, se aparece, considerar unha redución da dose ou a interrupción graduada do tratamento.

A Javier, que vivía só, acompañado por unha compañeira de traballo, o seu neurólogo informouno deste efecto secundario. E despois disto, a ruína máis absoluta en menos de dous anos.

Javier morreu o día 29 de outubro de 2021, con 72 anos, no hospital de Sant Joan de Alacant, por un derrame cerebral, só e deprimido, arruinado... Iso si, co Parkinson controlado.

A ruína de Javier púidose evitar.

Só tiñan que axustarlle a medicación a tempo, só iso.

Como é posible que, a unha persoa que vive soa, se lle prescriba un medicamento, que necesita, pero que pode provocarlle caer nun abismo moito peor que a enfermidade que se pretende curar, se non se controla regularmente?

A cantas persoas que viven soas se lles diagnostica Parkinson? Alguén sabe se a medicación lles provocou unha adicción, se están arruinando as súas vidas, a alguén lle importa acaso?

Javier e todos estes doentes, que seguro existen, entran ou non na estatística do efecto secundario grave provocado pola medicación do Parkinson, ou non se contabilizan porque non o saben?

Como é posible que, ante un efecto secundario de consecuencias tan devastadoras, non haxa un protocolo de seguimento e control dos enfermos que viven sós?

Os efectos secundarios dos medicamentos son un mal necesario pero o que é surrealista é dicirlle a un doente que vive só: se ve que empeza a xogar os cartos, dunha forma descontrolada, veña por aquí e axustámoslle a medicación. Parece comedia pero é drama.

A ruína de Javier foi evitable e debeuse de evitar. Estaría ben evitar a doutros.

Tareixa Dopico Pita

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Por favor, podías dicir cal é o nome comercial do medicamento contra o Parkinson ?