Inma López Silva e María Rodríguez Romero, premios Eusebio Lorenzo Baleirón

O acto de entrega terá lugar este venres e sábado.

Por Galicia Confidencial | Padrón | 08/12/2021 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

O Concello de Dodro prepara os actos programados no marco do XXXIV Premio de Poesía
Eusebio Lorenzo Baleirón
, un referente da escena literaria e da creación lírica en lingua galega
que rende homenaxe ao poeta de Dodro e que, cun percorrido de 34 anos de vida, constitúe un
dos certames poéticos máis antigos de Galicia.

Inma López Silva
Inma López Silva

A celebración comezará o venres 10 de decembro, ás 20.00 horas, no CPI Eusebio Lorenzo
Baleirón coa presentación de “Urda” de Quico Valeiras, obra gañadora no ano 2020. A
continuación o público desfrutará coa proposta artística de poesía escénica ”Epístola ás
neofalantes
” do dúo Aldaolado, espectáculo incluído na Rede Cultural 2021 da Deputación da
Coruña.

O sábado 11 de decembro, ás 17.30 horas, María Rodríguez Romero, autora da videocreación
“O mundo dos soños”, recibirá o Mini Premio Eusebio Lorenzo Baleirón. Concurso literario,
creado polo Concello de Dodro para promover a creación literaria, o uso da lingua galega e a
expresión artística entre o alumnado da ESO.

O acto central da xornada consistirá na entrega do XXXIV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón a Inma López Silva pola súa obra “Clepsidras”, autora consagrada e figura relevante da narrativa na nosa lingua que irrompe con forza no espazo da creación poética. O evento estará conducido pola coordinadora do certame a poeta Elvira Ribeiro Tobío e presidido polo alcalde de Dodro, Francisco Xabier Castro Tourís, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Xoán Xosé Vicente Franco e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira. No marco do mesmo terá lugar un recital lírico e a actuación do dúo Aldaolado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta