39 dos case 50 traballadores dunha cea de Finsa, contaxiados coa Covid

A empresa di que o foco non vai afectar á produción da empresa nin vai supor un endurecemento das medidas covid nas súas instalacións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2021 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

Unha cea na que participaron traballadores da empresa Finsa, de Santiago, foi a orixe dun foco que acumula ata o momento 39 casos positivos. A empresa confirmou a existencia do gormo, á vez que aclarou que o evento, no que participaron preto de medio centenar de empregados, non foi organizada pola compañía.

Fontes consultadas por Europa Press explicaron que, tras acudir ao evento, un dos empregados presentou síntomas compatibles coa covid-19 e, a partir de aí, activouse o protocolo e realizouse un cribado a todos os asistentes á cea.

Ata a data confirmáronse 39 positivos e todos os asistentes están illados. Ao tratarse case todos de empregados de servizos centrais, que previamente estaban teletraballando, o foco non vai afectar á produción da empresa nin vai supor un endurecemento das medidas covid nas súas instalacións.

As fontes consultadas insisten en que a reunión foi organizada fóra do ámbito laboral e non foi promovida pola empresa. É dicir, trátase de "unha cea de empregados da empresa", que se organizou neste ámbito. Así mesmo, remarcan que, en todo momento, os asistentes seguiron as medidas de prevención fronte á covid-19.

Fábrica de Finsa. FINSA - Arquivo
Fábrica de Finsa. FINSA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta