Sector do metal; inmobilismo empresarial e precariedade

O sector do metal da Coruña anuncia mobilizacións para o mes de xaneiro do 2022.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/01/2022 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Os sindicatos anunciaron mobilizacións o pasado 23 de decembro ante o que ven como inmobilismo da patronal provincial da Coruña en canto cambios no convenio provincial. Traballadores e traballadoras consideran necesarios cambios no aspecto retributivo e na redución de xornadas laborais así como deixar clara a postura de “competencia desleal” por parte do empresariado cando, para reducir custes, mobilizan traballadores doutras provincias con convenios máis flexibles e baratos que os da Coruña. Estes factores e outros como as subcontratas e a precarización (salarial e laboral) están detrás das mobilizacións previstas para xaneiro de 2022.

Concentración de delegados do Metal ante a sede de Asime en Vigo.
Concentración de delegados do Metal ante a sede de Asime en Vigo.

POSICIÓNS ENFRONTADAS

Eduardo Caamaño, membro de CIG Metal, describe a situación na mesa de negociacións como “de retroceso” ante as posturas da patronal. “Ofrecen ampliación a 170 horas por ano en xornada irregular en previsión do traballo, cun aviso previo de cinco días”. Por outra parte, Caamaño a postura da patronal para manter as subcontratas en sectores como o tecnolóxico e eléctrico. “Aquí queremos que se limiten as subcontratacións a un nivel e non a tres ou máis, pois cantos máis subniveis peor é a precariedade”.

“Están enrocados nas súas posicións e de aí que non haxa achegamentos” indica Juan Ramón Paseiro de UGT Metal da Coruña. “Non queremos perder poder adquisitivo e por iso pedimos a revisión retroactiva desde o 1 de xaneiro de 2022”. Esta revisión retroactiva implicaría as subas previstas nos salarios de 2020 e 2021. Esta última parece ser unha das partes máis difíciles de solventar coa patronal.

“Queremos incrementar os salarios cun 25% sobre o SMI” di Caamaño. Mais a isto debe engadirse outro elemento onde a picaresca empresarial é definida polos sindicatos como “competencia desleal”. Usando subcontratas doutras provincias con convenios do metal máis asequibles, traballadores desas provincias poden ser desprazados á Coruña para realizar traballos cun custe menor para o empresario.

Ademais disto, engádese que durante vinte anos a xornada laboral dentro do sector permanece inalterada desde hai 20 anos. “A xornada pode reducirse, poden mellorarse os rexistros horarios de tarballo, o mesmo que se fixo co teletraballo e a desconexión dixital”, sinala Paseiro.

CONVENIOS

O actual marco da reforma laboral coloca o convenio de sector sobre o convenio de empresa. Dentro deste novo contexto legal, a cuestión é por que existen convenios provinciais cando podería haber un autonómico e mesmo existindo un estatal? “No convenio estatal mesmo regula os desprazamentos de traballadores ao estranxeiro e isto para a patronal xa é ceder moito”, declara Caamaño.

“Para nós si sería bo un convenio autonómico que ademais puidera ter unha validez superior ao estatal, pois desprazarse a Madrid para negociar as condicións de aquí é incogruente” remarca o membro de CIG-Metal. “Por outra parte, o convenio estatal marca que sector é metal, marca as categorías, as sancións, xubilacións ou clasificacións profesionais entre outros”.

“Si estamos de acordo cun convenio autonómico, consideramos necesario e xusto unificar o sector” sinala Paseiro. Isto de cara a evitar a “competencia desleal” entre convenios sinalados anteriormente. Sobre o convenio estatal, Paseiro sinala que “apenas ten materias reservadas e é o que agora mesmo permite negociar cunha patronal inmobilista como é a da Coruña”. Á parte diso, o representante de UGT sinala que durante as negociacións tamén se quere incluír os desprazamentos de traballadores ao estranxeiro.

A división por convenios provinciais permite á patronal o desprazamento de traballadores máis “baratos” a provincias con convenios máis altos. Por outra parte, os sindicatos piden os aumentos salariais correspondentes a 2020 e 2021, outro elemento de roce cos empresarios. Outra das demandas é que sexa efectiva a subrogación de traballadores e reducir a subcontratación a un único nivel. Polo de agora están anunciadas mobilizacións a partir de xaneiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Semella que a cacareada "Reforma Laboral" non é máis que papel mollado ? Pero tamén está claro que a CIG-UPG está facendo o traballo de Néstor Rego ao reclamar Convenios Autonómicos o mesmo que está a reclamar ERCatalunya ? O que aínda non sabemos é se cun convenio autonómico os traballadores cobrarán máis ou aínda menos ? Pero sempre se pode probar e ver...

1 Luz do Norte

Tranquilos que chegará algunha coñecida enxeñeira do partido comunista patriótico para arranxar a situación