Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 31/01/2022 | Actualizada ás 18:26
O comité intercentros do persoal laboral da Xunta denuncia "a negativa" da Dirección Xeral de Función a negociar a lei de medidas para a redución da temporalidade na Administración galega.
Ante a entrada en vigor o 30 de decembro de 2021 da lei 20/2021 de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, o comité intercentros censura que Función Pública, órgano encargado de negociar e aplicar a lexislación en materia de persoal, "continúa ninguneando" o persoal laboral e "négase a convocalo".
Así, lembra que antes do 1 de xuño de 2022 ten que estar publicada a Oferta Pública de Emprego de prazas afectadas, pero "a data de hoxe" non contan con "dato algún" nunha política de "ocultismo".
Por iso, úrxese á Xunta á convocatoria urxente dunha mesa de negociación na que se entreguen as prazas afectada pola lei. "Son máis de 3.500 prazas que non sabemos como se van ver afectadas pola nova normativa e non temos datos da cantidade total de prazas afectadas", agrega.
E é que o comité intercentros remarca que o persoal laboral é o de maior temporalidade na Xunta, "chegando a cifras arredor do 54%".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.