Así afectou a pandemia á vida sexual: os solteiros, peor parados que as parellas

Catro de cada vez relacións admiten un descenso nos seus encontros íntimos, unha taxa que se incrementa ao falarmos de persoas solteiras.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2022 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Mes tras mes vanse coñecendo detalles dos distintos efectos que a pandemia tivo sobre o día a día. E estes van moito máis alá dos efectos inmediatos das restricións sobre a economía, unha circunstancia que deixou particularmente afectados ao sector da verbena e a hostalaría. A nivel social, a covid-19 deixa variacións nas vidas particulares da xente que van dende o máis mundano ao rechamante.

Parella, en imaxe recurso
Parella, en imaxe recurso | Fonte: Pixabay:pixel2013

Agora, un estudo vén de indicar que a situación pandémica afectou tamén á actividade sexual das parellas. Así, catro de cada dez persoas viron como caían os seus encontros íntimos por mor tamén da baixada dos encontrois casuais, un caso no que a baixada chega ao 60% debido á diminución da vida social e ao medo ao contaxio.

Ao parecer, os datos relativos ás parellas --extraídos de nutritienda.com-- débense principalmente ao cambio nos hábitos alimentarios, na actividade física e no sono. De feito, un 55 % dos españois tiveron dificultades para conciliar o sono nos últimos meses. Este cambio na rutina, as preocupacións, a incerteza económica, a ansiedade e o illamento social provoca que a vida sexual quede relegada a un segundo termo e que sexa das últimas cousas nas que se pensa. Os novos horarios co teletraballo e o aumento do uso das tecnoloxías tamén son motivos para o descenso do apetito sexual.

Pero non todo é malo á hora de falar dos cambios ocasionados pola pandemia, xa que o 90 % dos españois teñen máis necesidade de estar cos seus seres queridos e o 60 % di que as súas relacións fortalecéronse xa que os valores cambiaron, a forma de ver a vida e de "darse conta do importante que é a familia e os amigos para ser feliz".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta