Documento.- Pais de alumnos difunden cómics contra o galego nas aulas

A polémica polo decreto que obriga a un maior uso do galego no ensino alcanza un novo nivel de debate. E é que grupos de país contrarios á norma están a difundir mediante correos electrónicos unha tira na que, con argumentos como "el gallego lo habla muy poca gente ya en Galicia y en el mundo no lo entiende nadie", queren mobilizar a outros pais contra o decreto. Dáse a circunstancia que as viñetas están copiadas dunha campaña contra os homesexuais nos Estados Unidos.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 21/06/2007 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia
As viñetas contrarias ao galego nas aulas están a ser difundidas a través de listas de correos de pais de alumnos de varias escolas públicas do país. As tiras chaman á mobilización en contra do decreto e a colaborar coa campaña "Tan Gallego como el gallego". Os promotores desta protesta aseguran ter recollido 14.000 sinaturas en contra do plan da Xunta, consensuado por BNG e PSdG.

Pouco despois da difusión do cómic contra a presencia do galego nas escolas, apareceu unha réplica, na que se satiriza aos contrarios ao decreto acusándoos de españolistas.

En todo caso, tal e como sinala Culturagalega.org, ambas as dúas versións (progalego e antigalego) son copias dunha campaña contra os homesexuais realizada nos Estados Unidos.

A continuación reproducimos a versión contraria ao decreto. O orixinal e a réplica a favor do galego no ensino pódense ver nos anteriores enlaces.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 75 comentarios

30 otouronatesta

el gallego lo habla muy poca gente en galicia...XA VOS DIGO QUE O FIXERON EN MADRID...istos españois non se enteran...mais fan moito dano a nosa cultura e ideosincrasia.

ESPAÑOIS GALEGOFÓBICOS...GO HOME!!!

29 otouronatesta

Viva a Liberdade!!! eu non quero que os meus fillos estuden RELIXIÓN nas aulas, nen as altenativas que lle poñen pois está claro que as engaden para que a xente non se escaquee da Relixión.

Eu quero que os meus fillos saiban mais matemáticas, reinvindico este dereito.

Eu quero que os meus fillos saiban mais galego, reinvindico ese dereito.

Eu quero que os meus fillos saiban mais historia, reinvindico ese dereito.

Eu quero que os meus fillos saiban mais debuxo e música, reinvindico ese dereito.

ALGUÉN SE PODE IMAXINAR QUE SERÍA DA EDUCACIÓN SE FOSE Á CARTA???...Isto é a onde nos queren conducir os galagofóbicos.

É noxento e un insulto á intelixencia dos galegos e galegas ese comic, se cadra, feito en Madrid.

28 de ala

estou de acordo con de aqui, a libertade non se lle poden poñer fronteiras.
pero para o que ti pretendes, libertade de eleccion do idioma maioritario no ensino, necesitariamos mais infraestructuras, mais docentes, o que conleva un maior presuposto, mais gasto, e logo mais impostos.
o modelo actual é un modelo de consenso de minimos, non é nin moito menos os que alguns quereriamos, nin moito menos o que outros pretenderiades, pero é un acordo.
ti es dos que logo tirara dos pelos cando o ultimo galegofalante desapareza.

27 Oscar

Bah, ¿qué saberás ti? Eu nin sequera son nacionalista. Pero o sentido común di que todos os nenos de Galiza deben aprender o galego, a menos que sexan recén chegados, caso no cal deben ter dereito a un tempo de exención.
E paréceme que ata o PP pensa igual ca min. Váille preguntar a Fraga o a Núñez Feijóo. E a dereita do PP non hai nada democrático, xa sen entrar no debate de se o PP é democrático ou non.
Xente coma ti acusa ao Ilustrísimo Sr. Presidente do Goberno de reabrir debates pechados, e mirádevos agora vós.
E indudablemente, ese cómic é un panfleto mentireiro. Polo menos espero que recoñezas que iso de que o galego o falan catro moi certo non é...

26 de aquí

A ver si os interáis:

YO SÓLO PIDO LIBERTAD DE ELECCIÓN, QUE LOS PADRES QUE QUIERAN EDUCAR A SUS HIJOS EN GALLEGO PUEDAN, Y QUE LOS QUE LO QUIERAN HACER EN CASTELLANO TAMBIÉN.

A ver si así os enteráis, que parece que no sabéis leer.

Oscar hijo mio para tu información rara vez escucho la radio, nunca he oido a Federico y tampoco entro en libertad digital o cosas similares.

Simplemente defiendo unas ideas de sentido común.Y nunca he dicho que quiera acabar con la enseñanza en gallego, eso lo dices tú y gente como tú.