Documento.- Pais de alumnos difunden cómics contra o galego nas aulas

A polémica polo decreto que obriga a un maior uso do galego no ensino alcanza un novo nivel de debate. E é que grupos de país contrarios á norma están a difundir mediante correos electrónicos unha tira na que, con argumentos como "el gallego lo habla muy poca gente ya en Galicia y en el mundo no lo entiende nadie", queren mobilizar a outros pais contra o decreto. Dáse a circunstancia que as viñetas están copiadas dunha campaña contra os homesexuais nos Estados Unidos.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 21/06/2007 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia
As viñetas contrarias ao galego nas aulas están a ser difundidas a través de listas de correos de pais de alumnos de varias escolas públicas do país. As tiras chaman á mobilización en contra do decreto e a colaborar coa campaña "Tan Gallego como el gallego". Os promotores desta protesta aseguran ter recollido 14.000 sinaturas en contra do plan da Xunta, consensuado por BNG e PSdG.

Pouco despois da difusión do cómic contra a presencia do galego nas escolas, apareceu unha réplica, na que se satiriza aos contrarios ao decreto acusándoos de españolistas.

En todo caso, tal e como sinala Culturagalega.org, ambas as dúas versións (progalego e antigalego) son copias dunha campaña contra os homesexuais realizada nos Estados Unidos.

A continuación reproducimos a versión contraria ao decreto. O orixinal e a réplica a favor do galego no ensino pódense ver nos anteriores enlaces.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 75 comentarios

25 Oscar

de aquí, agoradirás que ti eres o que máis queres ao galego.
E mentres tanto pretendes impor que en Galiza se deixe de ensinar a lingua que fala sempre o 57% dos galegos e con freuencia o 30%.
http://es.wikipedia.org/wiki/Galleg...
Mira no cadriño da sección "uso del gallego". Se iso non éimposición, que veñan Deus-Losantos-defensor das liberdades e o vexa.
Deberías escoitar menos a COPE. Ese Losantos pensa que o sabe todo.

24 galiza ceive!

O castelán é o idioma dos pobres. Sírve para traballar fregando pratos en san francisco e cousas así. É unha causa perdida que acabará chamándose spanglish. Será a única forma de que os casteláns aprendan inglés.

23 de aquí

Enhorabuena a los autores del cómic!!!

Sólo si quienes defendemos la libertad damos la cara podremos luchar contra la imposición del gallego.

Aquí nadie va contra el gallego, no tersivergéis que se os da muy bien.

Sólo se va contra la imposición fascista y reaccionaria que no respeta la libertad y el derecho de los padres a elegir la lengua para la educación de sus hijos.

EN GALICIA POR LA LIBERTAD!!!

22 David

A cuestión non é si sumerximos a uns nenos nun ou noutro idioma. A cuestión está en que sumerxilos nun dos idiomas constitucionais (Castelán) parece que é adecuado e moderno, mentras que sumerxilos no galego (tamén constitucional e oficial) é un ataque as estruturas mesmas do Estado... todo elo disfrazado de utilitarismo curricular para acceder o mercado de traballo. Os que editaron o comic en cuestión son xente perigosa porque o modelo xa o practicaron outros a mediados do século XX en Europa Central. Se u idioma debe desaparecer porque non serve para atopar traballo debemos platexarnos no seo da UE a desaprición do italiano, do grego, do polaco, ou mesmo o alemán. Sexamos prácticos: ensinemos todo en chinés que é o idioma do futuro.

21 Mariquiña

¡Xesús!, ¡Xesús! cantos máis linguas dominen os nemos mellor para eles. Ser bilingüe é un privilexio.