Documento.- Pais de alumnos difunden cómics contra o galego nas aulas

A polémica polo decreto que obriga a un maior uso do galego no ensino alcanza un novo nivel de debate. E é que grupos de país contrarios á norma están a difundir mediante correos electrónicos unha tira na que, con argumentos como "el gallego lo habla muy poca gente ya en Galicia y en el mundo no lo entiende nadie", queren mobilizar a outros pais contra o decreto. Dáse a circunstancia que as viñetas están copiadas dunha campaña contra os homesexuais nos Estados Unidos.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 21/06/2007 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia
As viñetas contrarias ao galego nas aulas están a ser difundidas a través de listas de correos de pais de alumnos de varias escolas públicas do país. As tiras chaman á mobilización en contra do decreto e a colaborar coa campaña "Tan Gallego como el gallego". Os promotores desta protesta aseguran ter recollido 14.000 sinaturas en contra do plan da Xunta, consensuado por BNG e PSdG.

Pouco despois da difusión do cómic contra a presencia do galego nas escolas, apareceu unha réplica, na que se satiriza aos contrarios ao decreto acusándoos de españolistas.

En todo caso, tal e como sinala Culturagalega.org, ambas as dúas versións (progalego e antigalego) son copias dunha campaña contra os homesexuais realizada nos Estados Unidos.

A continuación reproducimos a versión contraria ao decreto. O orixinal e a réplica a favor do galego no ensino pódense ver nos anteriores enlaces.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 75 comentarios

10 robert

Que paletos y gañanes. Que se vaian para españa carallo

9 bule bule

Isto é incrible!! Nin imaxinación teñen para facer un comic propio que teñen que copia-los doutros lugares.
Din que teñen 14.000 firmas...supoñendo que todos son de pais(que non o creo), é que firmaron os dous pais de cada neno..iso nos da 7.000 nenos. ¿De cantos?? 300.000?? 400.000??
Tamén me pregunto, cantas destas firmas foron recollidas mediante enganos (Por que non din nin unha soa verdade), amedrentamento....Seguro que unhas cantas.
Pero bueno, isto me indigna, pero estou tranquilo, xente coma esta xa sabemos que sempre existiu en Galicia, e dentro dun ano, cando remate o próximo curso, e os demais pais vexan que os seus fillos seguen tendo as mismas neuronas, pois quedarán en ridículo. Dentro dun ano, intentarei entrar nesa páxina a ver se segue activa.

8 galiza ceive!

súmome ó agradecemento en revelar estas noticias para que a sociedade poida xuzgar contra qué ameazas enfréntase en auténtica liberdade.

a lingua holandesa, tras a independencia de flandes dunha xa decadente monarquía castelá (despois de financiar os exercitos co seu traballo), medrou e desenvolveuse, sendo hoxe unha nación exemplar. Penso que é un modelo para os que defenden as vías de progreso na nosa terra. Ten sorna que os "mendigos", como lle chamaba felipe segundo os patriotas holandeses, fosen ó final, uns dos que máis aportaron os fondos europeos que levantaron esta terra.

Hoxe en día os holandeses están moi orgullosos de falar a súa lingua, e para nada impídelles estar nos primeiros postos do mundo en tecnoloxía, emprego, e en definitiva, no benestar dos cidadáns.

O castelán serve para falar con venezuela, cuba, ecuador, e bóa parte dos paises pobres do mundo. Unha esperanza laboral inquedante.

Máis inquedante é que o feito de que unha minoría sen representación parlamentaria ningunha, trate de impornos a súa ideoloxía ultracatólica contra a totalidade do goberno democrático que, nas urnas, leva o respaldo da abrumadora maioría, porque tóda a sociedade quere unha lei como a que se aprovou no parlamento.

Esta suposta organizión dí que representa a pouco máis de 10.000 sinaturas. Supoño que voltaría a firmar spiderman e superratón.

7 Oscar

Por certo, en Galiza impúxose o castelán durante cinco séculos, é aínda así (e por moitos que se empeñen os do cómic) segue a ser a lingua maioritaria.
E iso de non querer que os seus fillos fagan galego, soa máis a escusa de perdedor porque o seu fillo é incapaz de aprobar o galego. Se o tue fillo catea o galego, que estude; non o desculpes, que tampouco nacería abendo inglés e terao que aprender. E agora que o PP propón colexios trilingües en galego, castelán e inglés, quixera eu ver a eses mesmos pais dicindo: "es que se impone el inglés".
Ter dúas linguas é unha sorte, e o saber non ocupa lugar. Non só iso, senón que ademáis, un determinado nivel de saber é obligatorio para desenvolverse pola vida. E entre ese saber en Galiza encóntrase un nivel de galego.
Por certo, lembrade que eses mesmos que defenden a non ensinaza do galego son os mesmos que queren que se financie a ensinanza de relixión, e que no seu momento impuxeron a relixión. E que alguén me explique: ¿Acaso serve para máis (laboralmente falando)a relixión, a filosofía ou a literetura castelá; que o galego? Evidentemente, non. Pero todas estas asignaturas son partes da educación e da formación coma persoas.
E por últimos, a estes señores autores do cómic, quixera lembrarlles que a lei esa foi aprobada tamén polo PP, partido nada sospeitoso de separatismo, ou de nacionalismo galego.

6 Oscar

¿qué en Galiza non se fala galego?¿Onde viven estes?xDDDDD. http://es.wikipedia.org/wiki/Imagen...
As frases dese cómic están mal construídas: "nadie te puede impedir a no hablar en español"(sen comentarios sobre a sintaxe e o significado da frase).
A desinformación e a ideoloxía extrema dos que fixeron este cómic é evidente:
A mestra que fala en galego é unha mala mestra, ou sexa, que só os nacionalistas falan galego. Polos centros onde estudéi sempre había alguén de fóra e XAMAIS, repito XAMAIS tiveron dificultades nin queixas có sistema. A lei actual sobre política lingüística, DO PP, imcúmprese por debaixo principalemente. Só son obligatorias dúas asignaturas en galego, e moitos centros privados e públicos das cidades non cumpren ese mínimo. O Colexio Peleteiro non o cumpre. Pero os mínimos de castelán cúmprense sempre.
E iso de que o goberno non escoita aos pais... sen comenterios. Os pais de rapaces son a súa bolsa electoral, porque ¿quén vota PSOE ou BNG?¿Os vellos?non. A xente por debaixo dos 50, polo xeral.
E iso de "nosotros amamos el gallego de verdad"; home, se cadra aínda lles teremos que dar as grazas.
O peor é que retrata dese cómic é que retrata a nosa ensinanza coma se fose unha tortura chinesa, ou coma se os galegos fosemos úns xenófobos.
Que metan polo cú ese panfleto para pais ignorantes. E se queren dar leccións de castelán, que aprendan primeiro a falalo ben e a escribilo.
De todas maneiras, agradezo a Galicia Confidencial que publique esto. Así se demostra quenes son os verdadeiros demócratas, quenes publican todo e quenes recortan (véxase Urdaci)