Documento.- Pais de alumnos difunden cómics contra o galego nas aulas

A polémica polo decreto que obriga a un maior uso do galego no ensino alcanza un novo nivel de debate. E é que grupos de país contrarios á norma están a difundir mediante correos electrónicos unha tira na que, con argumentos como "el gallego lo habla muy poca gente ya en Galicia y en el mundo no lo entiende nadie", queren mobilizar a outros pais contra o decreto. Dáse a circunstancia que as viñetas están copiadas dunha campaña contra os homesexuais nos Estados Unidos.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 21/06/2007 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia
As viñetas contrarias ao galego nas aulas están a ser difundidas a través de listas de correos de pais de alumnos de varias escolas públicas do país. As tiras chaman á mobilización en contra do decreto e a colaborar coa campaña "Tan Gallego como el gallego". Os promotores desta protesta aseguran ter recollido 14.000 sinaturas en contra do plan da Xunta, consensuado por BNG e PSdG.

Pouco despois da difusión do cómic contra a presencia do galego nas escolas, apareceu unha réplica, na que se satiriza aos contrarios ao decreto acusándoos de españolistas.

En todo caso, tal e como sinala Culturagalega.org, ambas as dúas versións (progalego e antigalego) son copias dunha campaña contra os homesexuais realizada nos Estados Unidos.

A continuación reproducimos a versión contraria ao decreto. O orixinal e a réplica a favor do galego no ensino pódense ver nos anteriores enlaces.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 75 comentarios

5 Xandokas

Aquel que non respeta a súa cultura, non se respeta así mesmo,carece totalmente de orgullo e autoestioma. Non deixa de ser un auténtico COLONIZADO!

4 Ramón

O comic acaba con "nosotros amamos el gallego de verdad". Supoño que foi por problemas de espazo que non puideron completar a frase con "enterrado bajo tierra".

3 galiza ceive!

a sociedade galega tense que movilizar contra está situación de ataque a liberdade e o estado. Fixádevos como intentan impór os nos nosos fillos os principios da propaganda: monstruos feos cheos de diaños, e unha rapaza cuns ollos lindos. O mesmo que o diario aleman Der Stürmer cando pinta o seu pobre xudeo morto da fame frente os alemáns limpos e gloriosos.

A sociedade tense que movilizar na defensa da liberdade, que agora máis que nunca está ben ameazada polos que non admiten que a sociedade progrese (sen pagar limosnas)

2 Xosé A. Pena

Os de libertad digital insultando a intelixencia dos galegos. Estos son dos que van as manifas da avt, falan de que a policía participou no 11-m, etc.
Nin Rajoy se atrevería a tanto...

1 O'Xirarei

Lamentable