Documento.- Pais de alumnos difunden cómics contra o galego nas aulas

A polémica polo decreto que obriga a un maior uso do galego no ensino alcanza un novo nivel de debate. E é que grupos de país contrarios á norma están a difundir mediante correos electrónicos unha tira na que, con argumentos como "el gallego lo habla muy poca gente ya en Galicia y en el mundo no lo entiende nadie", queren mobilizar a outros pais contra o decreto. Dáse a circunstancia que as viñetas están copiadas dunha campaña contra os homesexuais nos Estados Unidos.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 21/06/2007 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia
As viñetas contrarias ao galego nas aulas están a ser difundidas a través de listas de correos de pais de alumnos de varias escolas públicas do país. As tiras chaman á mobilización en contra do decreto e a colaborar coa campaña "Tan Gallego como el gallego". Os promotores desta protesta aseguran ter recollido 14.000 sinaturas en contra do plan da Xunta, consensuado por BNG e PSdG.

Pouco despois da difusión do cómic contra a presencia do galego nas escolas, apareceu unha réplica, na que se satiriza aos contrarios ao decreto acusándoos de españolistas.

En todo caso, tal e como sinala Culturagalega.org, ambas as dúas versións (progalego e antigalego) son copias dunha campaña contra os homesexuais realizada nos Estados Unidos.

A continuación reproducimos a versión contraria ao decreto. O orixinal e a réplica a favor do galego no ensino pódense ver nos anteriores enlaces.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 75 comentarios

70 Minquiña

É unha banda deseñada burda e esaxerada.A unha falacia semellante non se lle debe prestar atención. Pero a aqueles que defenden non ensinar galego en nome da liberdade, diríalles que quizais a xente tamén podería defender non ensinar arte, ou historia, ou ciencias naturais ou reivindica-lo dereito de educalos ti na casa cos memos argumentos de "non é útil" e "non nos poden impoñer". ¿E logo esta xente toma a educación coma unha imposición?¿Queixaranse tamén porque na tele saen anuncios antidroga, pois iso tamén é impoñer certas mensaxes nas sagradas cabezas dos seus nenos? Non sei quen podepensar que aprender algo é malo (tanto castelán coma galego). Ó mellor é porque aqueles que o defenden aprenderon moi pouco. Que se normalice o galego no ámbito escolar é necesario para esquecer a toda esa xente que obrigou a non falalo e que nos obrigou tamén a esquecernos de quen somos. Porque o resultado dos carteis de Franco que dicían "hable bien" son xente que non valora nin merece ter unha cultura e unha lingua enriquecedoras, que se deberían defender como patrimonio cultural galego e español.Unha lingua na que amaron, gozaron, soñaron,FALARON milleiros de persoas ó longo dunha historia máis ben triste, e que agora os seus propios fillos desbotan:isto merece todo o respecto e o apoio do mundo. Non esquezades que os vosos pais, avós,etc falaron galego. Dilles ti en nome da liberdade que desprezas a súa lingua, que aínda que non queiras é túa tamén. Di a toda esas grandes persoas que deixaron escritas obras sublimes en galego para que gocemos e aprendamos delas, que o galego non é digno. Di a toda esa xente que loitou e morreu por defender a cultura que ti desbotas, e que posúes aínda que non queiras, que os fillos de Galiza acabaron con ela.

69 Aitor

Que noxo de comic,e lamentabel!

68 pedro

O do comic, lamentable. Que pena. Moi clarificador o ideario dos promotores desa asociación.

67 Oscar

e eu todavía non vin un sitio onde vendan o xamón de iorque ao prezo da tenda xunto a casa de meus avós da aldea. E non pretendas convencerme (ou convencerte) de que en Galiza se vive coma en ningures porque sabes que non é certo. Tén algo de autocrítica, que a nosa terra tampouco é perfecta.

66 Oscar

Galiza ceive: todo o que ti queiras, pero ese razoamento de que as cousas están máis caras e entón vívese pero non é válido. ¿Onde vien mellor, en Alemaña ou en África?