Documento.- Pais de alumnos difunden cómics contra o galego nas aulas

A polémica polo decreto que obriga a un maior uso do galego no ensino alcanza un novo nivel de debate. E é que grupos de país contrarios á norma están a difundir mediante correos electrónicos unha tira na que, con argumentos como "el gallego lo habla muy poca gente ya en Galicia y en el mundo no lo entiende nadie", queren mobilizar a outros pais contra o decreto. Dáse a circunstancia que as viñetas están copiadas dunha campaña contra os homesexuais nos Estados Unidos.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 21/06/2007 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia
As viñetas contrarias ao galego nas aulas están a ser difundidas a través de listas de correos de pais de alumnos de varias escolas públicas do país. As tiras chaman á mobilización en contra do decreto e a colaborar coa campaña "Tan Gallego como el gallego". Os promotores desta protesta aseguran ter recollido 14.000 sinaturas en contra do plan da Xunta, consensuado por BNG e PSdG.

Pouco despois da difusión do cómic contra a presencia do galego nas escolas, apareceu unha réplica, na que se satiriza aos contrarios ao decreto acusándoos de españolistas.

En todo caso, tal e como sinala Culturagalega.org, ambas as dúas versións (progalego e antigalego) son copias dunha campaña contra os homesexuais realizada nos Estados Unidos.

A continuación reproducimos a versión contraria ao decreto. O orixinal e a réplica a favor do galego no ensino pódense ver nos anteriores enlaces.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 75 comentarios

65 Fancómic :: Traizón ao cómic :: June :: 2007

[...] Si, fumos traicioados. Os amantes das viñetas, da Banda Deseñada, dos cuadriños… estamos de loito por culpa de esa xente que tenta aproveitarse do cómic para defundir, proclamar e instaurar os seus ideais políticos. A polémica está servida dende que pola rede está a circular un cómic contra o futuro decreto de ensino en galego, que de maneira ofensiva di que o galego “forma parte de la cultura de España. Pero no es una lengua útil”, así como outras perlas da talla de “Durante los incendios del 2006 era más importante hablar gallego que tener experiencia previa en apagar fuegos” ou “médicos, profesores y  profesionales no pueden trabajar en Galicia porque el Gobierno favorece a quién habla gallego ”. Estas viñetas recomendan colaborar coa iniciativa www.tangallegocomoelgallego.com, que desestima a autoría destas viñetas dicindo que “nuestra iniciativa no tiene nada que ver con la elaboración o distribución de las citadas viñetas, desconociendo por completo quiénes pueden ser los autores de las mismas” alegando que “la iniciativa Tan gallego como el gallego reivindica que sea respetado el derecho a la libre elección de la lengua vehicular en la enseñanza por parte de los padres y, si es el caso, de los alumnos, ya sea en gallego o en castellano”, namentres califican as viñetas de ofensivas e de contido deplorable. Non obstante esta iniciativa está a recoller sinaturas para presentar na Consellería de Educación en contra do plan proposto pola Xunta.Pero a traizón non remata ahí. A vergoña é doble, xa que como contrapartida creouse un cómic, utilizando a mesma estructura e ilustracións, que satiriza as anteriores viñetas clasificándo aos seus personaxes como “españolistas” utilizando o mesmo despotismo e os mesmo clichés que a obra primixenia.Sen dúbida, os únicos que saímos mancados deste cruce de malas palabras, malos insultos  e pretensións  políticas de diversa índole, somos os que vemos como é violado o xénero que amamos.Iván Serrano [...]

64 galiza ceive!

A moéda, a base da economía moderna, é algo complexo se o intentamos razoar dun xeito "popular". Día a día inundanos con noticias económicas que os prefesionais entenden correctamente, pero que a sabedoría popular interpreta dun xeito distinto o que se estuda na facultade.

a política monetaria e fiscal non é moi complexa, e máis doada do que semella a simple vista. Os billetes son títulos de débeda ó banco central. A cantidade de billetes en circulación, ou afforrados no banco afecta moitísimo os negocios, os soldos, as espectativas futuras. A política monetaria e fiscal trata de paliar moitas cousas que como hoxe en día son estables, semella que non existen.

Se ti mercas unha casa a prezo de mercado por 40 millóns, esperas 3 anos, e a vendes por 60 millons a prezo de mercado, gañaches moito. Non só iso, se non que ademáis hai moitas probabilidades de que llo contes os teus máis achegados, que espallarán a nova na vila, creando un precedente, e incentivando a inversón.

ó que os economistas e banqueiros pregúntanse é: eres máis rico?

Se ti podías mercar unha casa de 80m2, con cociña e garaxe, e despois de 3 anos véndela a precio de mercado. Cantas casas de 80m2 con cociña e garaxe podes mercar tra-la venta? unha. Estás na mesma situación que fai 3 anos. Podes mercar o mesmo. unha casa.

O que sucedeu é que a cantidade de billetes en circulación incrementouse. A xente neses 3 anos fixo e desfixo empresas, escomezou inversións, montáronse negocios, sobre todo pidiron cartos o bce, pagaron ca tarxeta, hipotecaron máis e máis casas, meteron cartos en circulación, e agora, a cantidade de diñeiro é tanta, que poden darche máis billetes polo mesmo.

Esta diferencia entre a cantidade de billetes e as cousas que podes mercar é o efecto pernicioso da inflacción. A xente ten máis cartos, pero pode comprar ó mesmo.

Fíxate. Os nosos avós iban ó cine con 1 peseta. Nos gañamos millóns ó ano e queixámonos!

Pois é o que pasa en madrid, e a diferencia con galiza é a mesma. Aqui o soldo é máis pequeno, pero só nominalmente. A medida das cousas é: canto tempo da túa vida teslle que dedicar para acadar ós bens que precisas? máis ou menos que noutro sitio?

o "the economist" fai un indice de canto costa un bigmac en tódolos paises do mundo. Mídeo en horas de traballo. Porque considérase que o bigmac é o producto perfecto: faise exactamente igual en lisboa que en tokio.

Os madrileños, en concreto, non son un exemplo onde mirarse en poder adquisitivo, e dende logo, en calidade de vida.

carrefour, unha empregada dunha peluquería, un traballador do taxi... realmente cres que un taxista madrileño vive mellor cun taxista de vigo? que pode ir menos veces a comer fora? é obio que é o reves. Un rapaz mileurista. Aqui teñen a nintendo wii e un piso alquilado en santiago. En madrid son milquinientoseuristas. E viven 5 na mesma casa.

63 minhoca

Houbo quen modificou o comic. Tedelo eiquí:
http://www.ciberirmandade.org/sitio...

62 Oscar

Mira, galiza ceive; o Carrefour é unha excepción porque seguramente (non o séi) paga o mesmo en toda España, cousa que me estrana, pero pode ser.
Pero a maior parte dos galegos non traballa no Carrefour.
E ese groso da poboación tén uns soldos que non merece a pena mentalos. Eu dígoche, porque son de por alí, que en Ribadavia (Ourense) o máis común é cobrar o soldo mínimo.

61 galiza ceive!

oscar, ti que cres que vive mellor... unha empleada do carrefur en móstoles, ou en coristanco?

En coristanco, as rapazas teñen posibilidade de acadar unha vivenda en carballo, sair de viaxe de vez en cando, e mercarse algo cando lle peta.

Una rapaza nun carrefour de madrid vive nun piso de 55m2, ten que coller unha hora de metro, e mirar ben polo que gasta o fin de semana.

Un labrego galego hoxe en día cunha pensión non é que poida vivir moi sobrado, pero ten a sua leiriña que lle da bos productos. Ademas pode mercar algun aparatiño novo, e viaxa co concello de cando en cando, e os domingos veñen os seus fillos a comer como se fose navidade.

Un xubilado no centro de madrid ten que vivir ca axuda dos seus fillos. Eles aportan unha parte para chegar a fin de mes.

Falo estadísticamente, claro. Haberá de todo. Recordemos que o máis rico do estado vive en oleiros.