Xa non hai ningún partido castelán. O psoe pacta cos nacionalistas en tódalas nacións do estado. Xa non defende a idea dunha castela unida. Decátase que non ten futuro, e prefiern centrarse na economía e nos dereitos sociais antes que defender unha idea que non é máis que fume.
O partido popular xa non existe en catalunya nin en euskadi. Non son quén de existir en tódo ó estado. Ata nas canarias pactan cos que queren botar os "godos" fora das illas. Non hai un partido nacional, porque non hai nación.
Os únicos que defenden a idea de castela quedaron reducidos a madrid. Lóxico, xa que os madrileños querarán sen a teta que lles da de comer.
Aqui ninguén defende castela fora de castela.
O modelo económico de castela é paupérrimo. Vivir de débedas. Os lacazáns viviron do ouro de américa. E cando este rematou, acabouse o dominio. Os ingleses e os holandeses viron o filón: cortarlle o ouro polo mar, fomentar a piratería. Os casteláns non foron quén de sair dese "sistema económico" e intentar desenrrolar un sistema capitalista. Preferiron escribir novelas como o "buscón", e darlle un toque épico ó que o resto do mundo chama "miseria".
Hoxe en día, mentras catalunya, esukadi, e agora galiza, medra, Madrid vive a expensas do banco central europeo. Pide cartos ó banco para construir as súas infrastructuras (que non son siquera capazes de reter a auga). Viven do traballo dos alemáns, dos europeos que financian a súa débeda. Pero pagan, como pagou castela durante séculos, o prezo da inflacción deficitaria: un madrileño ten que deixar o dobre de billetes para acadar os mesmos bens que na galiza.
O oura da américa devaluou e empobrezeu os casteláns. A deuda da comunidade de madrid está a traer a miseria os pobres traballadores de madrid (mirade cómo viven os seus pensionistas, roza a medicidade)
Teñen moitos billetes, pero non poden apenas chegar a fin de mes. Zimbawue tamén tén moitos billetes. O cambio está a un millon por cada euro.
Na galiza o euro é moito máis forte. Menos billetes compran máis mercadorías.
Fumos espabilados dabondo para reter as nosas terras. En madrid, a terra é duns poucos (exactamente de 2). Nin sequera poden decir que a terra é súa.
como se dí na sabedoría popular... que pobreza!