Jesús, o único que leo de ti é "que si comunismo esto" que "si los nacionalistas esto outro...". O teu pensamento se divide en dous: antinacionalismo periférico (vasco, catalán, galego) e antitodo o que non pensa coma ti.
Mira Jesús, hoxe en día, non hai doutrina política ou relixión que non teña mortos no armario. Algúns máis visibles que outros.
Eu non son comunista, nin moitísimo menos, pero teño claro que gracias o comunismo, as persoas do chamado 1º mundo teñen unha xornada laboral aceptable, un soldo digno (cada vez menos) e os seus fillos poden estudiar e ser mellor persoas que os pais. E sabes por que?? Por que os dirixentes mundiais da 1º metade do s. XX viron o que pasaba en Rusia e noutros sitios e tiveron medo. O medo fixo que concederan estas vantaxes, que cederan algo para evitar perdelo todo. E fixo que os nosos devanceiros, poideran progresar e deixar de ser uns campesiños analfabetos que inclinaran a cabeza ante o señorito. Hoxe en día, considero que o comunismo é unha teoría política e social obsoleta.
En canto o de que me acusas de antiespañolismo, non sei onde o viches..Eu non lle boto a culpa a España dos males de Galicia. Para a miña vergoña, teño que dicir que gran parte dos problemas de Galicia, foron provocados por tantos galegos que cando pasan o Padornelo se esquecen de onde veñen e soamentes buscan o seu beneficio persoal. E se houbo "desmanes" de España e por que os galegos miramos para outro lado.
En canto a min, non teño españafobia ou como queiras dicilo. Son español por que vivo nun estado que é España. Pero son galego, por que o sinto de corazón, por que Galicia e o meu país. Simplemente, as ideas asociadas a España, resbálanme. E polo que vexo, incluso en españoles coma ti, tamén. A idea de España, se reduce en ver quen ten o trozo de tela, chamado bandeira, máis grande colgado dun pau.
Non son antiespañol. O anti-algo non serve para nada. Soamentes para destruir, e o que Galicia necesita é construir (en xeral :D). O que non me gusta, é demostrar que son tan español como os demais deixándome saquear os recursos naturais, e aguantando cun sorriso, por exemplo, cando se levan a Cataluña uns vagóns de tren novos e a cambio traenos uns de hai 40 anos co conto de "estos vagones son como un coche Mercedes, nunca pasan de moda". E se non estou de acordo con isto, a xente coma ti se ofende, e son un perigoso radical-comunista-nacionalista-independentista.
En canto a independentista tampouco. Hai cuestións de tipo práctico, que considero que serían moi complicadas de solucionar. E os galegos podemos ser moitas cousas pero independentistas hai moi poucos.