Estes favores adoitan incluír a eterna mocidade, o coñecemento, as riquezas, o amor ou o poder. Este trato resultaría moi perigoso pois o prezo de devanditos favores sería a condenación eterna da alma. Nestes pactos o condenado case sempre sairía perdendo.
E veñen a conto todos este comentarios sobre pactos diabólicos porque o alcalde de Vigo asegurou, nunha entrevista concedida a un medio de comunicación en relación ao pacto alcanzado co PP para aprobar os orzamentos municipais de 2014, que estaría disposto a pactar mesmo co Diaño. E semella, ademais, polo que afirmou o propio Abel Caballero, que o acordo cos populares encantoulles tanto a Alfredo Pérez Rubalcaba como a José Ramón Gómez Besteiro. E mentres Alfredo Pérez Rubalcaba e José Ramón Gómez Besteiro repiten acotío que o PP e o PSOE non son o mesmo, Felipe González defendeu, en plena campaña electoral, unha gran coalición de Goberno entre ambos os dous grandes partidos “se o país o necesita”. Queda claro que o modelo de coalición que levaron adiante o SPD e a CDU en Alemaña agrada aos xefes de PP e PSOE.
Tomemos nota. O Alcalde de Vigo sería quen de vender a «alma da cidade» ao Diaño se iso permite que siga sentado na poltrona…incríbel pero certo.