Artur Caldeira e Marina Pacheco chegan dende Portugal para presentar 'Gallaecia- Música e Palavra'

O dúo bregarense ofrecerá un concerto-recital na Casa das Crechas, en Santiago, no marco do festival 'Convergências' Portugal- Galiza.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/02/2022 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Logo de teren presentado o seu proxecto 'Gallaecia– Música e Palavra' ao longo do país veciño e tamén no estranxeiro, Artur Caldeira e Marina Pacheco levarán o seu concerto- recital este sábado a Santiago de Compostela. Será ás nove da noite na Casa das Crechas e a entrada será libre até completar a capacidade máxima do local, que participa unha edición máis no festival 'Convergências' Portugal- Galiza.

Artur Caldeira e Marina Pacheco, 'Gallaecia – Música e Palavra'.
Artur Caldeira e Marina Pacheco, 'Gallaecia – Música e Palavra'.

Con actividade artística consolidada e recoñecida, Artur Caldeira e Marina Pacheco veñen desenvolvendo un traballo conxunto desde hai algúns anos, cun repertorio diverso que abrangue desde a música "máis erudita até a canción popular", de cariz rural ou urbano, con arranxos propios para a guitarra de Artur Caldeira. 

O proxecto denominado “Gallaecia – Música e Palavra”, ten sido presentado en diversos lugares, cun programa a recitar composto por repertorio ibérico que inclúe a interpretación de varios poemas galegos, como "Negra Sombra", "Lela" ou "Maria Solinha", entre outras cancións que percorren a poesía da península desde a Idade Media até o fado moderno.

A emblemática Casa das Crechas, na zona vella de Santiago de Compostela, foi o local escollido nesta oitava edición do festival "Convergências" para a realización deste concerto que será de entrada libre até completar capacidade e que dará comezo ás 21h.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta