Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2022 | Actualizada ás 13:04
A Xunta abriu unha nova convocatoria de subvencións para promover o uso do galego no ámbito local, para o que se destinan 350.000 euros para gastos realizados entre o de xaneiro e o 15 de outubro de 2022. En concreto, as axudas buscan fomentar os servizos lingüísticos que se prestan á cidadanía, tanto para a creación de novos como para manter ou reforzar os xa existentes.
Ademais, tamén van dirixidos á promoción da planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega para o ano 2022 no ámbito local. Segundo trasladou a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a convocatoria marca como ámbitos estratéxicos de actuación para a promoción do galego desde o tecido local o deporte, a mocidade, o TIC, o tecido económico empresarial, os servizos sociais e a perspectiva de xénero e igualdade entre homes e mulleres.
Así mesmo, informou que esta nova convocatoria outórgalle un incremento do 30% na puntuación final ás solicitudes presentadas de forma conxunta por varias entidades locais e requírese tramitación electrónica.
Estas axudas enmárcanse nas accións de promoción do galego desde o ámbito local que desenvolve a Xunta, entre as que destacan a Rede de Dinamización Lingüística, que integra máis de 200 entidades, e os programas e as iniciativas asociadas a ela.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.