Sindicatos ven "ampla" a oferta de prazas de Educación, pero afean que se anunciase antes da mesa sectorial

A Consellería sacará en 2023 case 1.300 prazas a través de concurso de méritos e de concurso-oposición.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 26/04/2022 | Actualizada ás 20:23

Comparte esta noticia

Os sindicatos CIG, ANPE e UGT saúdan a "ampla" oferta de emprego que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade sacará en 2023, con case 1.300 prazas a través de concurso de méritos e de concurso-oposición, pero critican que a listaxe final por especialidades presentásese antes nunha rolda de prensa que a celebración da Mesa Sectorial deste martes.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, no pleno da Cámara galega
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, no pleno da Cámara galega | Fonte: Daviz Cabezón - Xunta de Galicia.

En concreto, o conselleiro do ramo, Román Rodríguez, ofrecía este luns unha rolda de prensa na que concretaba que o próximo ano 1.280 prazas sairían q oferta pública a través de dous procesos diferentes: 1.155 por concurso de méritos e 125 por concurso-oposición. Esta dobre convocatoria, tal e como explicaba Rodríguez, é produto do "caos" e a "improvisación" cos que o Goberno central sacou adiante a semana pasada o real decreto transitorio de acceso á docencia.

A relación de prazas por especialidade foi o principal punto da reunión deste martes en Mesa Sectorial xunto cos sindicatos, que case unanimemente critican que a Consellería ofrecese dita comparecencia 24 horas antes de reunirse con eles.

O secretario xeral de CIG-Ensino, Suso Bermello, fala de "falta de respecto institucional" que fixo que o encontro deste martes quedase, tras a rolda de prensa do luns, en "pouco máis dun trámite".

Nesta liña, o presidente de ANPE en Galicia, Julio Díaz, considera que a Xunta tiña que "trasladar antes" a relación de prazas aos sindicatos que á prensa, porque así os representantes dos docentes se ven "ninguneados". "Isto non debería repwtirse", dixo Díaz, que reduce a rolda de prensa a unha "parefernalia para dar publicidade" á convocatoria cando as organizacións estaban "a esperar" pola mesa.

En todas estas críticas coincide a secretaria de UGT, Sandra Montero, quen asegura que a Consellería dixo que "se atrasaba a reunión para seguir a negociación", pero que realmente o que fixo foi "suspendela".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta