Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2022 | Actualizada ás 19:26
A Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela reivindicou a materia de Xeografía, Historia e Arte de Galicia na súa "integridade e singularidade", xa que entende que a súa substitución por unha nova materia denominada Patrimonio e Sociedade de Galicia "carece de fundamento académico".
Nun comunicado emitido este xoves, a Comisión Permanente da xunta da facultade compostelá sitúase en contra da decisión da Consellería de Educación de suprimir as optativas de libre configuración autonómica 'Xeografía e Historia de Galicia' e 'Patrimonio e Arte de Galicia', de dúas horas semanais.
Considera que esta decisión "carece de fundamento académico" e "fai de menos o traballo que desde as universidades e os institutos do país" realizan desde hai anos na difusión das "claves" do pasado colectivo de Galicia.
O manifesto aprobado pola Facultade de Xeografía e Historia incide en que isto "non ocorre así con outras materias optativas creadas ao amparo desta reforma" e entende que os contidos desta materia "non deben quedar relegados" a elas senón que tamén "deben ser parte activa de materias" como Xeografía e Historia na ESO.
En conclusión, a xunta apela ao Goberno galego a que "empregue a súa capacidade de fixar contidos en clave galega".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.