Bateeiros denuncian ataques violentos de "grupos de exaltados"

Opmega localízaos na área de Doniños cando están recollendo a mexilla.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/05/2022 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

Os socios da Organización de Produtores de Mexillón de Galicia (Opmega) denunciaron que sofren "episodios violentos" por parte de varios "grupos de exaltados" desde hai varios meses cada vez que van recoller fazula Segundo sinalan, estes grupos, que actúan principalmente na área de Doniños (Ferrol), agardan aos bateeiros nas zonas onde aparcan e nas rochas.

Produtores de mexillón denuncian ataques violentos cando recollen mexilla
Produtores de mexillón denuncian ataques violentos cando recollen mexilla | Fonte: OPMEGA.

Os produtores denunciaron que as agresións pasaron de ser verbais a físicas, e chegaron a ataques aos seus vehículos "sen importarlles que haxa xente dentro".

Ante esta situación, os afectados xa puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil, e formalizaron as denuncias pertinentes para a apertura dunha investigación. Ademais, Opmega contactou con técnicos da Consellería do Mar e do Servizo de Gardacostas para que realicen as xestións "oportunas".

A xunta directiva de Opmega mostrouse "preocupada" ante o aumento da violencia nos atacantes, e temen que "haxa unha desgraza" se a Administración "non fai algo para remedialo".

Polo momento, os bateeiros decidiron non ir sós a recoller semente e organizan saídas en grupo para evitar sufrir ataques.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta