O Delas Fest busca veciñanza que achegue ideas para os murais da súa cuarta edición

O festival feminista de arte urbana e contextual volve lanzar a convocatoria para que calquera persoa ou colectivo dos concellos de Ames, Brión, Santiago e Teo colabore coas artistas convidadas no proceso creativo de catro novas obras de gran formato Santiago.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2022 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

7H Cooperativa Cultural, a entidade organizadora do festival feminista de arte urbana e

Mural da cuarta edición do Delas Fest en Teo
Mural da cuarta edición do Delas Fest en Teo | Fonte: Delas Fest

contextual Delas Fest, busca veciñanza dos concellos Ames, Brión, Santiago e Teo

que queiran implicarse no proceso creativo das artistas convidadas nesta cuarta edición, que se desenvolverá entre o 6 e o 21 de xuño.

A través da convocatoria “Anfitriónate”, que nace da vontade de reforzar os vínculos e diálogos creativos entre as intervencións artísticas e as localizacións nas que estas se realizan, o Delas Fest anima a persoas e colectivos a exercer como anfitrioas das artistas. O obxectivo, segundo explica a organización, é que a veciñanza comparta experiencias e coñecementos que poidan inspirar ás creadoras convidadas a elixir a temática de cada mural, que estará necesariamente apegada ao territorio e á reivindicación do rol das mulleres nel.

As persoas interesadas en participar deben cubrir o formulario dispoñible na páxina web de 7H Cooperativa Cultural, onde tamén se indican as datas e horarios da dúas xuntanzas previstas. A primeira realizarase de forma virtual este mes de maio para establecer unha primeira toma de contacto da artista co territorio, mentres que a segunda reunión será xa presencial.  Nela, a creadora compartirá coas anfitrioas o deseño preparado para recoller suxestións ou novos datos que permitan perfeccionar a proposta antes de comezar a pintar.

O Delas Fest, que aínda non desvelou o cartel deste ano, continúa así a ampliar a base comunitaria do proxecto e a apostar por converter as rúas da comarca compostelá nun espazo de expresión e identificación colectiva.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta